Chorradas a esgalla http://chorradas.nireblog.com páxina de probas Fri, 03 Jul 2009 11:54:28 +0100 Chorradas a esgalla http://static.nireblog.com/imagenes/logo.png http://chorradas.nireblog.com http://nireblog.com Organizando a biblioteca http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/07/organizando-a-biblioteca http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/07/organizando-a-biblioteca ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
C.P.I. COTARELO VALLEDOR

1- REPARTO DO TRABALLO
Profesorado a colaborar:
- Encargados das gardas de biblioteca.
- Unha persoa de cada departamento, de primaria e de secundaria, para supervisar ocasionalmente o traballo de expurgo.
- Voluntarios.
Distribución:
- Unha vez feita a lista de colaboradores, repartirase o traballo por estanterías.

2- EXPURGO

O expurgo consiste en apartar, momentanea ou definitivamente, materiales da colección da biblioteca para adaptala ás necesidades reais dos usuarios e aforrar tempo na localización das buscas bibliográficas. Compre realizarse unha vez ó ano.

2.1. Criterios de expurgo:
- Os cambios introducidos no centro polas reformas educativas.
- O desfase científico do contido.
- O estado físico de deterioro ou de mutilición dos documentos.
- A existencia de exemplares duplicados ou de publicacións periódicas de escaso interese.
Os materiais expurgados destinaranse ó almacen ou á reciclaxe segundo a valoración do órgano competente.
Antes de desfacerse do material, someterase á supervisión do departamento ou ciclo correspondente.

3- LOCALIZACIÓN E TRASLADO
Compre localizar todos os materiais que se atopen dispersos polo centro e trasladalos á biblioteca. Os documentos que deban permanecer noutras dependencias do centro (departamentos, aulas, etc.), rexistraranse como préstamo da biblioteca xeral.

TIPOS DE DOCUMENTOS QUE DEBERÍAN DE ATOPARSE NA BIBLIOTECA
a) DOCUMENTOS IMPRESOS
• Libros
• Publicacións periódicas
• Materiais gráficos: carteles, mapas, fotografías, debuxos.
• Literatura gris e material efímero: documentos realizados polo propio centro ou por outros centros, asociacións, institucións, etc., que se difunden principalmente por medio de fotocopias.
• Documentos de curta extensión e vida temporal.
b) DOCUMENTOS AUDIOVISUAIS
• Diapositivas, transparencias, películas e música.
c) DOCUMENTOS INFORMÁTICOS OU ELECTRÓNICOS
• Programas informáticos, CDs multimedia.

Comments

]]>
Mon, 07 Apr 2008 12:51:12 +0100
contacontos diario http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/04/contacontos-diario http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/04/contacontos-diario Begoña contandonos un conto

Todos os días, na biblioteca do centro, hai un contacontos que dura entre cinco e dez minutos. Esta actividade, na que está implicada a maior parte do profesorado de primaria, vai dirixida aos máis pequenos e lles permite combinar varias actividades no seu tempo de lecer.

Se queredes visionar os horarios e as persoas responsables de cada día consultade o horario. O derradeiro día de cada semana, a mestra ou mestre correspondente invita a alguén da comunidade educativa para que conte o conto.

En canto ao alumnado de secundaria, todos os venres fanse lecturas, dramatizacións, recitados ou presentacións de textos literarios diversos nos que están a participar gran parte das rapazas e dos rapaces do centro.

O obxectivo fundamental destas actividades é promover o placer polos contos e pola lectura, competencia básica e indispensable na formación e educación das nenas e dos nenos.

Comments

]]>
Fri, 04 Apr 2008 09:44:58 +0100
Ciclo de contos http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/02/ciclo-de-contos http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/02/ciclo-de-contos cartel

O ciclo de contos é unha proposta de dinamización da lectura que consiste en ofertar ás nenas e aos nenos do centro catro contos que son contados simultáneamente en diferentes lugares do centro.

Os contos son publicitados con anterioridade nun cartel que temos exposto na planta baixa. Pretendemos que o noso alumnado lea as diferentes propostas, que fale delas coas compañeiras e compañeiros,  que se ilusione co conto que decide escoitar, que reflexione e escolla e que finalmente pregunte sobre os outros contos.

Iniciamos esta actividade en febreiro de 2008 e pretendemos que sexa mensual, os contos son sempre diferentes e o profesorado implicado tamén.

Coa intención de darlle unha maior responsabilidades ao alumnado de 6º de primaria, as nenas e nenos desta clase se dividen tamén en catro grupos, un por cada conto e o día da celebración do ciclo de contos recollen ao alumnado de infantil e primaria polas aulas e  o acompañan aos lugares donde se van contar os contos.

 

Diario da actividade

O primeiro día foi o 29 de febreiro. Os contos ofertados eran:

  • Paco Papán contado por Isabel
  • A historia do home lobo contado por Mini.
  • Rabibranca contado por Concha
  • A Cibeles contado por Pilar

 

Diario da actividade

O segundo día foi o 26 de marzo. Os contos ofertados eran:

  • A frauta máxica contado por Fran
  • Nube de cores contado por Marga.
  • Neve na amaía contado por Marta
  •                contado por Isabel

  

Comments

]]>
Wed, 02 Apr 2008 12:39:31 +0100
Unha visita especial http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/02/unha-visita-especial http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/02/unha-visita-especial Hoxe, martes 2 de abril tivemos a sorte de que nos acompañara o noso amigo Camiwebquest

Comments

]]>
Wed, 02 Apr 2008 12:31:12 +0100
Chorradas a esgalla comeza a súa andaina http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/01/chorradas-a-esgalla-comeza-a-sua-andaina http://chorradas.nireblog.com/post/2008/04/01/chorradas-a-esgalla-comeza-a-sua-andaina Hoxe 1 de abril comezamos esta publicación que esperamos....

Comments

]]>
Tue, 01 Apr 2008 20:27:30 +0100