Organizando a biblioteca
ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
C.P.I. COTARELO VALLEDOR
1- REPARTO DO TRABALLO
Profesorado a colaborar:
- Encargados das gardas de biblioteca.
- Unha persoa de cada departamento, de primaria e de secundaria, para supervisar ocasionalmente o traballo de expurgo.
- Voluntarios.
Distribución:
- Unha vez feita a lista de colaboradores, repartirase o traballo por estanterías.
2- EXPURGO
O expurgo consiste en apartar, momentanea ou definitivamente, materiales da colección da biblioteca para adaptala ás necesidades reais dos usuarios e aforrar tempo na localización das buscas bibliográficas. Compre realizarse unha vez ó ano.
2.1. Criterios de expurgo:
- Os cambios introducidos no centro polas reformas educativas.
- O desfase científico do contido.
- O estado físico de deterioro ou de mutilición dos documentos.
- A existencia de exemplares duplicados ou de publicacións periódicas de escaso interese.
Os materiais expurgados destinaranse ó almacen ou á reciclaxe segundo a valoración do órgano competente.
Antes de desfacerse do material, someterase á supervisión do departamento ou ciclo correspondente.
3- LOCALIZACIÓN E TRASLADO
Compre localizar todos os materiais que se atopen dispersos polo centro e trasladalos á biblioteca. Os documentos que deban permanecer noutras dependencias do centro (departamentos, aulas, etc.), rexistraranse como préstamo da biblioteca xeral.
TIPOS DE DOCUMENTOS QUE DEBERÍAN DE ATOPARSE NA BIBLIOTECA
a) DOCUMENTOS IMPRESOS
• Libros
• Publicacións periódicas
• Materiais gráficos: carteles, mapas, fotografías, debuxos.
• Literatura gris e material efímero: documentos realizados polo propio centro ou por outros centros, asociacións, institucións, etc., que se difunden principalmente por medio de fotocopias.
• Documentos de curta extensión e vida temporal.
b) DOCUMENTOS AUDIOVISUAIS
• Diapositivas, transparencias, películas e música.
c) DOCUMENTOS INFORMÁTICOS OU ELECTRÓNICOS
• Programas informáticos, CDs multimedia.

Chúzao
del.icio.us
